Laura Garcia
2008-10-26 22:23:03
Porque dendee que a nosa lingua está presente na nosa comunidade, os galegos tivémola a carón. E ela a nós. Sempre o noso lado. Para permitila comunicación, darnos unha cultura, e unha identidade!
onte oxe e sempre!
Patricia Fernández González
2008-09-29 23:39:20
O galego vai de camiño e tod@s imos con él.
Patricia Fernández González
2008-09-29 23:33:06
Non imaxines o galego, pensao, falao, viveo, transmiteo, confía na sua palabra.
A sua ialma reside en cada un de nos.
Patricia Fernández González
2008-09-29 23:25:32
O galego tenta progresar de todolos xeitos posibles, a sua historia esta pragada de progresos, e ainda o que nos queda.
Patricia Fernández González
2008-09-29 23:18:23
O futuro do galego esta nas mans de tod@s,mimalo é a nosa obriga.
Ana Isabel Araujo Santos
2008-09-29 22:23:47
Rematou o verán pero non así as festas e mentras o corpo aguante festa pa diante. E logo!
Alberto Otero Reinoso
2008-09-29 22:20:37
Así é a nosa terra, unha mistura de boa comida e logo un bo baile e se pode ser todo xunto mellor que mellor. E logo!
Marcos Dios Almeida
2008-09-28 22:17:36
"Moonjackets", non sei que "tumbá", e Sondeseu. Home, que queres que che diga, son de seu, son, e soan coma un coro de anxos tocando instrumentos tradicionais, case medievais, case divinos.
Marcos Dios Almeida
2008-09-28 22:15:31
Cando te miran desa maneira da igual que San Xusto se apareza en Cotobade, ou que fora un santo xustísimo, porque xusto o que eu sinto é iso: vaia ollos me tes morena!
Marcos Dios Almeida
2008-09-28 22:13:49
"Salix atrocinera", que non sei se é que "sae a cociñeira" da cociña, cun prato recendente de cocido galego, ou che é o nome "sientífico" do salgueiro, que soa máis auténtico,que -digan o digan- se entende moito mellor.