Marcos Dios Almeida
2009-02-23 16:56:25
Home! Claro que estouche na casa oh! Claro que estou na miña "home"! Porque lonxe ou cerca, aquí ou en algures, falen o que falen, en linguas xermánicas, chinesas ou latíns, o meu lar sempre será o meu lar, o meu fogar: Gallaecia.
Andrea González Rodríguez
2009-02-17 23:07:07
Hai cousas coas que xa te sintes ligado incluso antes de nacer: unha terra, unha lingua, unha patria...
Andrea González Rodríguez
2009-02-16 17:45:11
O aparcadoiro está aberto. Aparca os teus prexuízos! Pásateo ao galego!
Moisés Vergara villarnovo
2009-02-15 14:50:48
... e van, e volverán ir... e vir...máis aló dos teus soños...dos meus, máis alò destes tempos, en galego, máis aló.
Andrea González
2009-02-11 23:20:38
O amor e o galego ámbolos dous teñen momentos amargos, e momentos doces... E se por algunha razón non te sabe ben o café da vida, sempre poderá vir alguén a botarlle azucre coas súas verbas doces e apaixoadas...
Marcos Dios Almeida
2009-02-09 16:48:52
Rebaixas de Xaneiro, de verán, de inverno, ¡de todo o ano! Porque estamos a vivir unha crise económica mundial e haberá que aforrar, haberá que se apertar o cinto e mercar algo que sexa bo, bonito e super-rebaixado.
Marcos Dios Almeida
2009-02-09 16:45:30
Hai sinais, advertencias, informacións, que é mellor que sexan ditas en galego e en todos os idiomas coñecidos ou por coñecer, non vaia ser que non entendamos o de “Danger Caution? e nos leve por diante un avión.
Marcos Dios Almeida
2009-02-09 16:43:31
Non todo van ser sis, de cando en vez haberá que dicir non, para defender os nosos dereitos con convicción; e non só con dúas letras, ¡con tres!, porque en galego as cousas clariñas, si e si, ¡e non e non! ¿Non o ves?
Marcos Dios Almeida
2009-02-09 16:41:18
Haiche rúas con dous ou tres nomes: os antigos, os castelanizados, os noviños, os de moda, os postos sen ganas, por poñer, por pór. ¿Pero onde se mirou un topónimo galego na rúa con iota e i grego?
Marcos Dios Almeida
2009-02-09 16:39:29
Galiza, Galicia, Gallaecia... Terra mai, terriña, ¡lar! Identidade, esencia...