titular benvidos
volver ao inicio
galeria
Coloca no noso logo
<a href="http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/index.php" target="_blank"> <img src="http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/img/logo_peque.gif" alt="elogo" width="120" height="106" border="0" /></a>

As "anénotas"!

« 0 1 2 »
A pilila escondida
Enviado por: Bego o 20:54:11 05/10/2009

Un día bañándome co meu fillo Pedro de 3 anos ocorréuselle preguntar que onde estaba a miña pilila. Díxenlle que eu non tiña porque era unha mamá e as mamás non teñen pilila, falándolle das rapazas e os rapaces.  Non quedou convencido e seguíu preguntando se a tiña escondida. Volvinlle contestar que non, que mami non ten pilila, pero seguiu insistindo, así que lle dixen que sí, que estaba escondida. Entón dixo todo cheo de razón:
-¿E cando a pensas sacar, cando sexas maior coma min?

Agobio infantil
Enviado por: María o 11:07:06 28/08/2009

Púxenme a mirar coa miña filla María as fotos de cando era  bebé e aparece unha miña embarazada. 
- Ves, María? Aí dentro estabas ti.
Mira para min estrañadísima e aclárollo:
- Estabas aí porque eras pequechiña, pequechiña.
Pon cara de agobio e agárrame pola man:
- Anda, mamá, imos merendar... que eu medro moito, verdá?
Caca non
Enviado por: Roi o 17:37:13 27/08/2009

Roi, que fas?
Caca non...
mofletada
Enviado por: santiago prego o 17:36:42 27/08/2009

A miña filla Cristina reinventaba palabras cando lle cadraba, e así por exemplo unha bofetada era unha mofletada, que lle tiña moito máis sentido.
POUCO EU
Enviado por: rebeca o 13:30:37 27/08/2009

Boas:

pois a nosa anécdota é que sendo o noso fillo cando tiña 2 anos quería ver os debuxos de "POCOYO" e eu non lle facía caso.
(Moitas veces cando me fala en castelán fago que non lle oio e non lle contesto)
Pois,de súpeto, díxome "Mamá que eu quero ver os debuxos de POUCO EU
QUE ALGUÉN ME ACOMPAÑE
Enviado por: BRAIS (4 anos) o 17:44:14 11/05/2009

Brais segue coa súa teima de non durmir na súa habitación.  De novo seu irmán trata de convencelo dicíndolle que non está só, que pode durmir cun león de peluche que ten. Brais non quere. Bueno, pois pode durmir con Winnie Pooh (outro boneco). Tampouco lle vale. Entón pode coller unha xirafa...
E tras varias propostas, Brais xa se cabrea e di: "EU QUERO DURMIR CON ALGUÉN VIVO".
E Borja ten que calar a boca.

Supernany e Superman
Enviado por: Laura o 16:14:28 27/04/2009

A Mario, de dous anos e medio, gústalle ver á supernany da tele. Un día, cando rematou o programa, mirou para min e díxome:
- Mami!! Xogamos a que ti es a supernany e eu son superman, a ver quen gaña?
Só arroz...
Enviado por: Manuel o 22:26:52 24/04/2009

A miña filla Sofi é moi mala comedora, e o outro día que había paella para comer, dixo: "A min dáme só arroz, non me botes accesorios".
cofidis
Enviado por: Marghó o 10:51:29 25/03/2009

Dende que ten uso de razón, André, sempre foi un neno moi presumido. Ainda que na escola non tiña uniforme, a él sempre lle gostaba ir con camisa branca e pantalón azul mariño. Un día díxome: 
- mamá, hoxe que ir de cofidis.
- de cofidís? preguntei
- si mamá, quero vestir coma o de cofidís
- e quen é o de cofidís?
E él todo serio dime: cofidis, el dinero directo!!
A todo isto teño que engadir que o que quería vestir era unha camisa azul craro e un pantalón veige.
dinosauros
Enviado por: Marghó o 10:44:09 25/03/2009

Cando o meu fillo contaba uns 4 anos preguntoume: mamá, se os homes ainda non existían cando había dinosauros, como é que agora sabemos que se chaman dinosauros?
« 0 1 2 »