Apetéceche participar nunha xincana? Anímate, a diversión está asegurada. Bótalle unha ollada ás bases e xa verás que fácil é participar na maior aventura que podes vivir este ano co galego por bandeira.
1. LOCALIZACIÓN: poderás participar na Xincana na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago.
2. DATA: estaremos os días: 2, 3 e 4 de abril na Coruña, no Centro Comercial Cuatro Caminos 16, 17 e 18 de abril en Ourense, no Centro Comercial Pontevella 23, 24 e 25 de abril en Vigo, no Centro Comercial Gran Vía 7, 8 e 9 de maio en Lugo, no Centro Comercial As Termas 14, 15 e 16 de maio en Santiago, no Centro Comercial Área Central. O xoves e o venres poderás preinscribirte; o xogo celebrarase o sábado.
3. PARTICIPANTES: anima os teus familiares ou amigos para que participen contigo; poderedes ser entre 3 e 8 en cada grupo. Se tes menos de 14 anos, precisarás unha autorización dos teus pais para participar.
4. DURACIÓN: teredes dúas horas e media para superar todas as probas.
5. DESENVOLVEMENTO: a xincana celebrarase nun centro comercial, cun centro base que se atopará no seu interior e oito probas que se desenvolverán nos arredores.
5.1. Preinscrición: para poder participar na xincana deberedes cubrir un formulario co nome, os apelidos e a idade dos participantes. O teu grupo terá que poñerse de acordo para escoller un voceiro ou voceira, que deixará o seu número de teléfono co fin de que a organización se poida poñer en contacto con el ou ela. A preinscrición poderedes facela o xoves e o venres no propio centro comercial onde se celebre a xincana na que desexedes participar. Tamén poderedes coñecer máis da actividade e do lugar onde teredes que facer a preinscrición na páxina web www.palabrasencadeadas.com
5.2. Desenvolvemento do xogo: tedes ata o mediodía do venres para anotarvos. Xa pola tarde os grupos seredes convocados por orde de preinscrición para que coñezades a hora á que tedes que estar no centro comercial o sábado pola mañá.
Cada grupo recibirá un equipamento, as instrucións do xogo e un sobre pechado que levará á primeira proba da xincana. Listos! O xogo comeza!
Cada vez que o teu grupo supere unha proba recibirá unha letra da palabra TÓCACHE! Para que sexa válida, deberedes ir ao punto base onde dous monitores vos controlarán o tempo e vos penalizarán se non superades o reto no tempo estimado.
O primeiro grupo que chegue ao centro base logo de superar todas as probas coa palabra TÓCACHE! terá que facer unha gran proba final: unha cadea de palabras. En que consiste? Tirar dous dados, un cunha vogal e outro cunha consoante, e en dous minutos facer unha cadea de palabras o máis longa posible, empezando coa sílaba que saíse nos dados.
6. PREMIO: un gran premio espera os campións desta xincana.