q ben se pasa con magosto. nos o fixemos esta fin de sema, espertar e veña a recollelas castañas da árbore, por agora ninguén se anima a saír na fotos agás os nenos, pero xa convencereinos
Velaquí unha das visitas que máis lle prestou a Lobishome... a Galería de Tortura da xudería de Córdoba!! A ver, é mansiño, pero non pode evitar que ás veces lle saia un vea un pouco macabra...
En Arcos de La Frontera (Cádiz) ocorreunos unha anécdota moi divertida. Resulta que atopamos a uns tipos con capuchón e candeas e pensamos que era a Santa Compaña que tamén andaba polo sur de turismo... Imaxinade o contento que se puxo Lobishome! Ao final resultou que eran uns que se despistaron coa Semana Santa!!! Jajaja! Deunos para rir un rato e logo nos fixemos unhas fotos xuntos!
E continuando a viaxe adentrámonos na Serra de Grazalema pola ruta dos Pueblos Blancos. Xa ía collendo confianza coa familia, e aquí está co meu pai e o meu irmán en Zahara de la Sierra,
E xa que visitamos Andalucía, non se poden deixar pasar as oportunidades de contactar con xente interesante... Aquí en Ronda estivemos con Blas Infante, considerado un dos Pais da Patria Andaluza!